FUNCIÓNS O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia desenvolve entre outras, as seguintes funcións: 1. A representación e defensa da profesión diante da Administración, institucións, tribunais, entidades particulares, con lexitimación para ser parte en tódolos litixios que afecten ós intereses profesionais e exerce-lo dereito de petición, de acordo coa lei. 2. O fomento da plena ocupación dos colexiados, impedindo a competencia desleal entre os mesmos e adoptando as medidas oportunas para evitar o intrusismo profesional. 3. A organización de actividades e servizos de interese para os colexiados de carácter profesional, formativo, cultural, informativo, asistencial, de previsión ou outros análogos. 4. O visado dos documentos relacionados cos traballos profesionais dos colexiados. 5. A presenza nos padroados e consellos sociais das universidades, así como participar na elaboración dos plans de estudios das Escolas Universitarias de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, e de calquera ensinanza universitaria ou de formación profesional que teñan relación coa actividade forestal. 6. A axuda xurídica ós colexiados cando o soliciten, en cuestións relacionadas có exercicio profesional. |