SOCIEDADES PROFESIONAIS
A Sociedade Profesional regúlase pola "Ley 2/2007, de 15 de marzo, de sociedades profesionales" e a "Ley 17/2009, del 23 de noviembre, sobre el libre acceso a las actividades de servicios y su ejercicio", así como no establecido na "Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación a Directiva 2006/123/CE".
Ós efectos da lei de sociedades profesionais é actividade profesional aquela que para o seu desenrolo se requira titulación universitaria oficial, ou titulación profesional para cuio exercicio sexa necesario acreditar unha titulación universitaria oficial, e inscrición no correspondente Colexio Profesional.
Así mesmo dito texto entende que existe exercicio en común dunha actividade profesional cando os actos propios da mesma sexan executados directamente baixo a razón ou denominación social e lle sexan atribuídos a sociedade os dereitos e obrigacións inherentes ó exercicio da actividade profesional como titular da relación xurídica establecida co cliente.
As Sociedades Profesionais poderán constituírse con arreglo a calquera das formas societarias previstas nas leis, cumprimentando os requisitos establecidos na "Ley 2/2007, de 15 de marzo, de sociedades profesionales".
A Sociedade Profesional a pesar de ter a condición de colexiado, non poderá acceder á Xunta de Goberno do Colexio nin terá voz nin voto nas Asembleas.
Para tramitala alta dunha Sociedade Profesional é preciso remitir ó Colexio a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude de inscrición no rexistro de Sociedades Profesionais.
- Data e reseña identificativa da escritura pública de constitución e Notario autorizante. Así mesmo duración si se tivera constituído por tempo determinado.
- A actividae ou actividades que constitúen o obxecto social.
- Identificación dos socios profesionais e non profesionais facendo constar no caso dos primeiros o número de colexiado.
- Identificación das persoas que se encarguen da administración e representación expresando en cada caso a condición de socio profesional de cada un de eles.
- Ase mesmo serán inscribibles calquera cambio de socios e/ou administradores, así como calquera modificación do contrato social.
- Xustificante bancario do ingreso da cota de inscrición (60,00 € + 21 % IVE ) na seguinte conta bancaria do Colexio:
BANCO SABADELL: ES05-0081-5363-28-00.0115.6719
SOLICITUDE DE ALTA
A solicitude de alta dunha Sociedade Profesional pódese realizar de dous xeitos:
Solicitude en dixital:
Para tramitala alta dunha Sociedade Profesional en formato dixital téñense que remitir ó COETFG os documentos requiridos no apartado anterior sobre tramitación da alta de Sociedades Profesionais accedendo mediante o seguinte enlace a un formulario de envío de documentación. O impreso de solicitude debe vir debidamente cumprimentado e asinado electrónicamente. Este impreso pódese descargar no arquivo adxunto.
Impreso de solicitude de alta (dixital) no rexistro de Sociedades Profesionais.
Solicitude en papel:
Para tramitala alta dunha Sociedade Profesional en formato papel téñense que remitir ó COETFG os documentos requiridos no apartado anterior sobre tramitación da alta de Sociedades Profesionais. O impreso de solicitude debe vir debidamente cumprimentado e coa sinatura orixinal do solicitante. Este impreso pódese descargar no arquivo adxunto.
Impreso de solicitude de alta (papel) no rexistro de Sociedades Profesionais.
|