O COETFG é competente para tramitar o REXISTRO DOCUMENTAL de calquera documento técnico, que non esté sometido á Visado obrigatorio segundo o disposto no R.D.1000/2010, e que surta efectos en todo o Estado Español e cuia materia principal do traballo se atope dentro das competencias propias da profesión.
O Rexistro Documental implica:
> Acreditación de autoría:
-
Acredita a identidade. -
Que o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo. -
Que está colexiado ou colexiada e cumpre coa normativa colexial. -
Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión. -
Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
> Acreditación sobre o traballo:
-
Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional. -
Que cumpre a normativa colexial. -
Que cumpre coa normativa legal sobre comprosición documental e grao de especificación en correspondencia co obxecto do encargo profesional recibido. -
Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuia vixiancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio. -
Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente. -
Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo. -
Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Rexistro Documental, existindo copia nos arquivos do Colexio.
> Outros trámites:
-
Arquivo documental. -
Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais. -
Reclamación de honorarios. -
Certificación Oficial dos traballos profesionais deserolados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario).
Para tamitar o rexistro documental de traballos profesionais existen dúas alternativas:
- Rexistro Documental en dixital, que consiste na tramitación on-line, para o que se debe acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou das contrasinais previamente facilitadas polo COETFG. - Rexistro Documental en papel, que consiste en remitir ao Colexio os exemplares do documento que se desexa rexistrar, acompañado da correspondencia solicitude de rexistro.
- Impreso de solicitude de Rexistro Documental. 
- Impreso de Rexistro Documental de Copias. 
- Impreso de Rexistro Documental de Modificado. 
REQUIRIMENTOS E RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN REXISTRO DOCUMENTAL
Serán de aplicación o expresado para o caso de Visado.
SOLICITAR REXISTRO DOCUMENTAL:
|