| WEBINAR: "PROXECTO RESILIENT2CHANGE: DENDE UN CAMBIO CLIMÁTICO AMENAZANDO A BIODIVERSIDADE CARA UNHA REDE NATURAL RESILIENTE" 12/03/2025 Gracias á colaboración de Xana Álvarez Bermúdez e o Grupo de Investigación Hydro-Forest da Universidade de Vigo, a través desta webinar poderemos coñecer máis de preto o PROXECTO Resilient2Change. Si estás interesad@ en participar so tes que enviar un correo electrónico cos teus datos a: coetfoga@forestaisgalicia.es, antes do 10/03/2025. |
| NOVA COLABORACIÓN COETFG - EFPA ESPAÑA: "PROGRAMA EFPA DE EDUCACIÓN FINANCEIRA 2025" 04/03/2025 Formación Online gratuíta para colexiados/as do COETFG. Trátase de 10 talleres de duración 2 horas, en horario de 18.00 a 20.00 horas. Podes ampliar información na sección e-formación da nosa web ou ben tramitar a inscrición dende: https://educacionfinanciera.typeform.com/to/lVg9eZGO |
| WEBINAR: "ADÁPTATE Á NOVA LEXISLACIÓN DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA" 06/02/2025 O COETFG en colaboración con INFORHOUSE, organiza unha sesión informativa de cara á entrada en vigor da nova Lei Antifraude en Xullo de 2025, que obriga a autónomos e empresas de empregar un programa de facturación e contabilidade homologado. Si estás interesad@ en participar so tes que enviar un correo electrónico cos teus datos a: coetfoga@forestaisgalicia.es, antes do 04/02/2025. |
| IMASGAL TÉCNICA, S.L. ACHEGA FORMACIÓN ESPECIALIZADA PARA O MES DE FEBREIRO 2025: AUTOCAD MAP 3D, CIVIL 3D, POSTGIS + POSTGRESQL: BASES DE DATOS ESPACIALES, ... 04/02/2025 Lembrámoste que a través do Convenio de Colaboración entre IMASGAL e o COETG tódolos colexiados/as do COETFG teñen descontos na matrícula dos cursos ofertados. Ademais trátase de formación bonificada a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE) |
| Mª AMAYA LÓPEZ-CORONA ASENJO INCORPÓRASE AO EQUIPO DIRECTIVO DO COETFG ASUMINDO O CARGO DE DELEGADA PROVINCIAL DE OURENSE 29/01/2025 Seguindo o disposto nos Estatutos do COETFG, o Equipo Directivo do COETFG reunido con data do 29/01/2025 acordou nomear a María Amaya López-Corona Asenjo no posto de Delegada Provincial de Ourense, completando deste xeito as representacións provinciais e dando cumprimento ás Actuacións Propostas para o ano 2024-2025. A dirección do COETFG agradece o compromiso da nosa compañeira, co que dará continuidade ás liñas de traballo definidas en aras do progreso da nosa entidade. |