ORGANIZACIÓN
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais está dirixido e administrado polos seguintes órganos:
A Asemblea Xeral do colexio é o órgano de expresión da vontade de tódolos seus colexiados, polo tanto todos eles están obrigados ó cumprimento dos acordos que aquela adopte. A convocatoria da Asemblea Xeral farase anualmente.
A misión da Xunta de Goberno do colexio é a dirección, organización e representación do colexio e polo tanto de tódolos seus membros.
A Xunta de Goberno está constituída polos seguintes membros: decano, que ten a máxima representación do colexio, secretario, tesoureiro e dous vocais, todos elixidos pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
A actual Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia tomou posesión o día 27 de Agosto do 2.019, e a súa composición é a seguinte:
D. José Fernando Enjamio Gándaras, Colexiado Nº 617.
Dna. Cristina Vences López, Colexiada Nº 1230.
Dna. Belén Reboreda Rivera, Colexiada Nº 386.
D. Raúl García Martínez, Colexiado Nº 796.
VOGAL Nº 2
Cargo vacante dende o 02/12/19.
En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia constituirase unha Asemblea Provincial, composta por todos aqueles colexiados de cada unha das provincias. Esta asemblea terá carácter consultivo, deliberatorio e informativo.
Os delegados provinciais presiden as asembleas provinciais e son os responsables do sentir dos colexiados de cada unha das provincias diante da Xunta de Goberno do colexio e de toda clase de organismos, entidades e corporacións no seu ámbito territorial.
A asignación dos delegados está pendente de ser aprobada.
|