Unión Profesional de Galicia
A entidade Unión Profesional de Galicia reúne á Colexios Profesionais de Titulados Universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de coordinar ás actuacións en temas de interese común, defender os valores característicos e promover o perfeccionamento das profesións tituladas universitarias representadas na Asociación.
O seu enderezo é:
R/ San Pedro de Mezonzo, 39-41 Baixo
15701 Santiago de Compostela
Tfno: 981 595 562 Fax: 981 595 958
Consello Forestal de Galicia
O Consello Forestal de Galicia creouse co obxecto de facilitar una axeitada xestión sostible dos montes galegos e fomentalo desenvolvemento económico, social e ambiental do sector forestal.
Este Consello é o órgano consultivo e asesor da Administración Forestal e ten como fin dar o cumprimento ao principio de participación pública e establecer unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica.
O COETFG é membro activo do Consello Forestal de Galicia, asistindo a tódolos plenos e participando por escrito ou de xeito presencial en todos os procesos de consulta plantexados pola administración.
Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal PEFC.
A finalidade desta Asociación é o fomento e o desenvolvemento da xestión forestal sostible, a promoción do coñecemento e a aplicación das resolucións das conferencias ministeriais paneuropeas sobre a protección dos bosques, a promoción e difusión do sistema español de certificación forestal paneuropeo na Comunidade Autónoma de Galicia e o desenvolvemento e a estruturación da modalidade rexional do sistema de certificación PEFC en Galicia.
O seu enderezo é:
Edificio FEUGA (Campus Sur Universitario)
R/ López Gómez de Marzoa s/n
15705 Santiago de Compostela
Grupo Galego de Apoio a Certificación Forestal F.S.C
O Grupo de Apoio Galego é un conxunto de entidades e persoas vinculadas á xestión dos montes galegos nas súas diversas funcións, aproveitamentos, adquisición, uso e disfrute dos produtos, elixidas democraticamente para transmitir ao Grupo de Traballo do F.S.C. as particularidades sociais, económicas e ambientais do sector do monte galego para o desenvolvemento da certificación F.S.C.
O Grupo de Apoio Galego é, a súa vez, unha comisión da Asociación para Promover o Uso Racional dos Produtos e Servizos do Monte, cuio obxectivo xeral é promocionar e alentar a sustentabilidade no uso dos recursos e beneficios do monte, así como a conservación da biodiversidade.
Polo de agora non dispón dun enderezo oficial.
Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega _ DEVESA
A Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega pretende ser un foro aberto a tódalas entidades do sistema de investigación, desenvolvemento e innovación do sector forestal (empresas, grupos de investigación, centros tecnolóxicos e administracións) que tratará de sumar esforzos e ideas para establecer unha planificación estratéxica conxunta de investigación, desenvolvemento e innovación acorde coas necesidades do sector.
O obxectivo xeral da Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega_ DEVESA é plantexar e desenvolver unha estratexia de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación, para e coa implicación e integración de esforzos dos distintos axentes que forman o mesmo, que dea un importante pulo á valorización e ao aumento da competitividade dos recursos, servizos, procesos e actividades que teñen lugar no monte.
Contacto da Secretaría Técnica:
Telf.: 988/368152, Fax: 988/368153