O COETFG é competente para tramitar o REXISTRO DOCUMENTAL de calquera documento técnico, que non esté sometido á Visado obrigatorio segundo o disposto no R.D.1000/2010, e que surta efectos en todo o Estado Español e cuia materia principal do traballo se atope dentro das competencias propias da profesión.
O Rexistro Documental implica:
> Acreditación de autoría:
-
Acredita a identidade. -
Que o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo. -
Que está colexiado ou colexiada e cumpre coa normativa colexial. -
Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión. -
Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
> Acreditación sobre o traballo:
-
Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional. -
Que cumpre a normativa colexial. -
Que cumpre coa normativa legal sobre comprosición documental e grao de especificación en correspondencia co obxecto do encargo profesional recibido. -
Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuia vixiancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio. -
Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente. -
Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo. -
Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Rexistro Documental, existindo copia nos arquivos do Colexio.
> Outros trámites:
-
Arquivo documental. -
Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais. -
Reclamación de honorarios. -
Certificación Oficial dos traballos profesionais deserolados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario).
Para tamitar o rexistro documental de traballos profesionais existen dúas alternativas:
- Rexistro Documental en dixital, que consiste na tramitación on-line, para o que se debe acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou das contrasinais previamente facilitadas polo COETFG. - Rexistro Documental en papel, que consiste en remitir ao Colexio os exemplares do documento que se desexa rexistrar, acompañado da correspondencia solicitude de rexistro.
- Impreso de solicitude de Rexistro Documental. 
- Impreso de Rexistro Documental de Copias. 
- Impreso de Rexistro Documental de Modificado. 
REQUIRIMENTOS E RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN REXISTRO DOCUMENTAL
Serán de aplicación o expresado para o caso de Visado.
SOLICITAR REXISTRO DOCUMENTAL:
| |
NOVIDADES
|
|
| IMASGAL TÉCNICA, S.L. ACHEGA FORMACIÓN ESPECIALIZADA PARA O VINDEIRO MES >> FEBREIRO 2023: POSTTGIS+POSTGRESQL, TELEDETECCIÓN AGRÍCOLA, METASHAPE, SIMULACIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS, REVIT MEP, REVIT, ARQUÍMEDES, REVIT FAMILIAS, QGIS, AUTOCAD, PROTOPO, ARCGIS PRO, SKETCHUP+UNDET+VRAY, ARCHICAD, BLENDER, REVIT STRUCTURE, ,...... 27/02/2023 LEMBRÁMOSTE QUE A TRAVÉS DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE IMASGAL E O COETG TÓDOLOS COLEXIADOS DO COETFG TEÑEN DESCONTOS NA MATRÍCULA DOS CURSOS OFERTADOS. ADEMAIS TRÁTASE DE FORMACIÓN BONIFICADA A TRAVÉS DA FUNDACIÓN ESTATATAL PARA A FORMACIÓN NO EMPREGO (FUNDAE) | | AVISO PECHE DE OFICINAS 26/01/2023 As oficinas do COETFG permanecerán pechadas os seguintes días: -Martes 31 de Xaneiro de 2023. -Venres 01 de Febreiro de 2023. Atenderémosvos por correo electrónico e a través da Plataforma e-colexio!! | | CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AEFEMA - ANO 2022, PREVISTA PARA O SÁBADO 28/01/2023 29/12/2022 Con data do 29/12/2022 a Xunta Directiva de AEFEMA convoca a Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2022, segundo á Orde do Día axunta. A TÚA PARTICIPACIÓN É IMPORTANTE!! | | CONVOCATORIA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO COETFG - ANO 2022, PREVISTA PARA O SÁBADO 28/01/2023 29/12/2022 Con data do 29/12/2022 a Xunta de Goberno do COETFG convoca a Asemblea Xeral Ordinaria correspondente ao ano 2022, segundo á Orde do Día axunta. A TÚA PARTICIPACIÓN É IMPORTANTE!! | | WEBINAR 16/12/2022: "PUNTOS DE INFORMACIÓN CATASTRAL COETFG" 02/12/2022 O COETFG convoca para o venres 16/12/2022 unha nova Webinar sobre “PUNTOS DE INFORMACIÓN CATASTRAL COETFG”, na que intervirá Victoria Fernández Estevan, Xerente Rexional Axunta da Xerencia Rexional do Catastro de Galicia. Si estás interesad@ en participar so tes que enviar antes do 16/12/22 un correo electrónico cos teus datos a: coetfoga@forestaisgalicia.es | |
|
|