INTRODUCIÓN
A colexiación, conforme a normativa legal vixente (Lei de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, Ley 2/1974, del 13 de febrero, de colegios profesionales, Estatutos do Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia, Directiva 2006/123/CEE, Ley 17/2009, del 23 de noviembre, sobre el libre acceso a las actividades de servicios o su ejercicio, e en cumprimento do establecido na Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE), é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da enxeñería técnica forestal en calquera das súas especialidades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ser colexiada ou colexiado será necesario estar en posesión do título oficial de axudante e perito de montes, enxeñeiro ou enxeñeira técnico forestal en calquera das especialidades forestais, grao en materia forestal ou calquera outra titulación que a substitúa nun futuro, xa sexan públicos ou privados, e aos enxeñeiros con título estranxeiro homologado ou recoñecido oficialmente, para efectos profesionais, polo Estado español, co de enxeñaría técnica forestal. Así mesmo cuxos títulos abranguen campos engadidos na enxeñería técnica forestal.
A colexiación, ademais de permitir cumprir os requisitos legais para o desenvolvemento da actividade profesional, ofrece unha serie de prestacións ou servizos, entre as que destacan:
- Defensa das atribucións profesionais da enxeñería forestal.
- Bolsa de traballo: con información sobre distintas ofertas de emprego, a tódolos interesados que estean dados de alta no servizo.
- Formación, mediante cursos, seminarios, xornadas..., relacionadas coa profesión, organizadas ou fomentadas polo colexio.
- Visado e Rexistro Documental de traballos profesionais, e Verificación de documentos.
- Asesoría xurídica, para a defensa nas cuestións que se susciten en relación cos dereitos e intereses lexítimos de carácter profesional.
- Información periódica de todas aquelas cuestións de interese profesional.
- Outros.
A alta no COETFG implica a pertenza a Asociación da Enxeñería Forestal e Medioambiental (AEFEMA). Esta Asociación é unha entidade creada en 2008, á que pertencen tódolos colexiados. O obxectivo da creación de AEFEMA é conseguir a representación dos e das profesionais da enxeñería forestal e medioambiental naqueles ámbitos nos que o COETFG non pode chegar.
Para tramitar a colexiación ou a reincorporación no COETFG será preciso presentar a seguinte documentación:
1. Impreso de Solicitude de Colexiación (Só cando a colexiación se tramite en formato papel).
2. Impreso de Ficha de Datos.
3. Xustificante de estar en posesión do Título de Enxeñeiro ou Enxeñeira Técnico Forestal ou Grao Forestal. (Fotocopia compulsada do título, resgardo da solicitude, etc. No caso dunha reincorporación só sería necesario de non estar depositado previamente).
4. Unha Fotografía tamaño carné, preferiblemente en formato dixital “jpg” e resolución 300 ppp. (Nota: tamén podes facer a foto, sen custe algún, na sede do colexio).
5. DNI (fotocopia).
6. Autorización para cobro da cota colexial a través do banco.
7. Certificado Académico, con validez legal, no que figuren as materias cursadas durante toda a carreira (No caso de entregar fotocopia debe de estar compulsada. No caso dunha reincorporación só sería necesario de non depositalo previamente).
8. Declaración Xurada de non estar sometido a inhabilitación profesional ou colexial.
9. Xustificante bancario do ingreso na conta do Colexio da Cota de Alta de Colexiación.
10. No caso de proceder doutro Colexio Profesional de Enxeñeiras ou Enxeñeiros Técnicos Forestais, deberá presentar un Certificado de Colexiación emitido polo Colexio do que se trate (Requírese o documento orixinal).
Cota de alta colexial
O importe de alta farase efectivo no momento en que se solicite a colexiación, na seguinte conta bancaria:
BANCO SABADELL: ES05-0081-5363-28-00.0115.6719
- Novas incorporacións: 50,00 euros.
- Reincorporacións: 100,00 euros.
- Xubilados: Exentos de pago.
- Procedentes doutro Colexio Oficial de ETF: Exentos de pago. (Deberán presentar certificación conforme están colexiados noutro colexio).
Cota colexial anual
A cota colexial é de 159,00 euros/ano. Esta cota cobrarase por domiciliación bancaria en cotas cuadrimestrais de 53,00 euros cada unha, estruturándose do seguinte xeito:
- Día 1 de xaneiro: primeira cota, correspondente ao primeiro cuadrimestre do ano (53,00 €).
- Día 1 de maio: segunda cota, correspondente ao segundo cuadrimestre do ano (53,00 €).
- Día 1 de setembro: terceira cota, correspondente ao terceiro cuadrimestre do ano (53,00 €).
Os e as colexiadas poderán solicitar a aplicación das seguintes bonificacións:
- Xubilados: exención de pago.
- Cónxuxes: 43,00 €/cota, aplicable a cada membro da parella.
- Parados: 21,00 €/cota (a solicitude se realizará para cada cuadrimestre).
SOLICITUDE DE COLEXIACIÓN
A solicitude de colexiación pódese realizar a través de dúas vías:
> Formato dixital:
Para tramitala colexiación en formato dixital pódese acceder a un formulario de solicitude no seguinte enlace no cal se teñen que anexar os documentos requiridos no apartado anterior sobre tramitación da alta colexial debidamente cumprimentados e asinados electrónicamente. Estes documentos pódense descargar nos arquivos adxuntos.
Nota: O título e o expediente académico non poden ser remitidos mediante o formato dixital, será preciso presentar copia compulsada, ou ben presentar o orixinal no Colexio para que este proceda a súa compulsa.
Impresos para anexar na solicitude de colexiación en dixital:
- Ficha de datos.
- Declaración xurada.
- Autorización bancaria.
Solicitude de colexiación en dixital.
> Formato en papel:
Para tramitala colexiación en formato papel é preciso remitir ó Colexio, os documentos requiridos no apartado anterior sobre tramitación da alta colexial, debidamente cumprimentados e coa sinatura orixinal do solicitante. Estes documentos pódense descargar no seguinte arquivo axunto.
AVISO FISCAL: Lémbrase que o importe abonado ó COETFG en concepto de cotas colexiais é deducible á hora de presentar a Declaración Anual da Renda de Persoas Físicas.
|