A profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal é unha profesión regulada por lei, e o seu exercizo profesional está supeditado á colexiación obrigatoria (coa excepción dos profesionais ao servizo directo das administracións públicas: persoal funcionario, laboral e/ou estatutario). Os títulos universitarios que habilitan para o exercizo desta profesión son os de "Enxeñería Técnica Forestal" (nas especialidades de: Explotacións Forestais, Industrias Forestais, Industria Papeleira) e o título de "Grao Forestal" que de cumprimento á Orde CIN/324/2009 (BOE do 19/02/2009).
Marco Legal
Decreto 2095/1971, de 13 de agosto, polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de especialidades forestais (BOE nº 225, do 20/09/1971) Real Decreto 2220/1982, de 9 de xullo, polo que se modifica o Decreto 2095/1971, de 13 de agosto, polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de especialidades forestais (BOE nº 217, do 10/09/1982) Real Decreto 1609/1978, de 12 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Corpo de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Facenda Pública (BOE nº 160, do 06/07/1978) Lei 12/1986, do 1 de abril, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos. (BOE nº 79, do 02/04/1986) Lei 33/1992, de 9 de decembro, de modificación da Lei 12/1986, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos. (BOE nº 296, do 10/12/1992)
Orde CIN/324/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal. (BOE nº 43, do 19/02/2009)
Tipos e Ámbitos de Traballo
Os tipos de traballos para os que os enxeñeiros técnicos forestais están cualificados son, en liñas xerais:
O Enxeñeiro Técnico Forestal pode desenvolver a súa función por conta propia, como profesional autónomo, ou por conta allea, xa ben sexa no sector público da Administración ou ben no sector privado.
1. Realización de: |
2. Redacción de: |
3. Traballos de: |
- Recoñecementos
- Inspeccións
- Consultas
- Medicións
- Inventarios
- Cubicacións
- Valoracións
- Taxacións
- Outros
|
- Proxectos
- Anteproxectos
- Estudios básicos
- Memorias
-
Informes
- Ditames
- Certificacións
- Outros
|
- Dirección de obra
- Execución de obra
- Xestión de explotacións
- Dirección de empresas
- Outros
|
En calquera caso, o traballo do enxeñeiro técnico forestal, dentro da súa respectiva especialidade técnica, desenvólvese nos seguintes ámbitos:
1. Aproveitamentos do Medio Ambiente
- Repoboacións forestais
- Creación e mellora de pasteiros
- Plans de aproveitamento de: leñas, madeira, cortiza, resina, cogomelos, froitos, plantas medicinais, aromáticas ou industriais...
- Explotacións mineiras a ceo aberto: minas, canteiras, graveiras
- Explotacións cinexéticas e piscícolas
2. Ordenación do Medio Ambiente
- Ordenación de montes arborados
- Xestión de espazos naturais
- Ordenación piscícola e cinexética
- Estudios de impacto ambiental
- Estudios de flora e fauna
- Estudios de ecoloxía fluvial e calidade das augas
- Instalacións rurais
- Instalacións de industrias ou explotacións forestais: viveiros forestais e ornamentais, granxas cinexéticas e gandeiras, piscifactorías, serradoiros...
- Construción de diques, presas e balsas
- Escalas para peixes
- Infraestruturas de defensa
- Muros de contención e cerramentos
- Movementos de terra
- Camiños e vías forestais
4. Defensa do Medio
- Estudios e tratamentos fitosanitarios
- Tratamentos silvícolas
- Corrección de impactos ambientais
- Restauración de explotacións mineiras
- Defensa contra incendios forestais
- Enerxías renovables
- Xestión de residuos
- Outros
5. Industrias Forestais
- Industrias de primeira transformación: serradoiros, chapa, taboleiro, pasta celulósica, trituración, estelas...
- Industrias de segunda transformación: mobles, carpintería, embalaxes, papel, cartón...
- Transformación da cortiza
- Transformación da resina
- Plantas aromáticas, cogomelos e froitos forestais
- Industria xiloenerxética: residuos de madeira, leñas, estelas...
- Parques de maquinaria forestal
- Desenvolvemento industrial
- Outros
6. Topografía e Xestión Catastral
- Levantamentos topográficos
- Expropiacións
- Deslindes
- Segregación e particións
- Permutas
- Outros
7. Xestión Hidráulica
- Restauración hidrolóxico-forestal
- Corrección de leitos, torrentes e ribeiras
- Afloramentos e prospeccións de auga
- Captacións e abastecementos de auga
- Conducións de auga
- Saneamentos e drenaxes
- Outros
8. Novas Tecnoloxías
- Aplicacións dos sistemas de información xeográfica á cartografía temática
- Aplicacións da teledetección e da fotogrametría
- Simulación de variables naturais aplicadas a avaliación de riscos
- Outros
9. Uso Social e Recreativo
- Parques urbanos e periurbanos
- Áreas de uso recreativo
- Educación ambiental
- Aulas da natureza
- Turismo rural
- Outros
|