
Asemblea Xeral do Clúster da Biomasa de Galicia -10/07/2025
O COETFG participa na Asemblea Xeral Ordinaria do Clúster da Biomasa de Galicia, celebrada con data do 10/07/2025 en San Cibrao das Viñas (Ourense).
A Asemblea discorreu coa asistencia de 16 entidades atendendo á seguinte Orde do Día:
1. Aprobación da acta da asemblea anterior
2. Ratificación da adhesión de novos socios
3. Lectura do informe de xestión do ano 2024
4. Lectura do informe económico-financeiro e aprobación de contas 2024
5. Ratificación de acordos da Xunta Directiva
6. Lectura do informe de actividades previstas para 2025
7. Proposta de modificación na composición da Xunta Directiva para o período 2025-2029
8. Outros asuntos
No encontro informouse da situación de entidades socias, confirmando 2 baixas e 3 novas incorporacións, ademais informouse de outras 4 entidades que están manifestando o seu interese de adhesión.
En relación cos informes, tanto de xestión como o económico-financeiro do 2024, os datos amosaron a consolidación e reforzo da entidade, ademais de trasladar as accións de innovación e formación desenvolvidas, xunto cos acordos de colaboración asinados.
Avanzouse coa ratificación de acordos da Xunta Directiva, e a continuación avanzáronse as distintas actividades previstas para o ano 2025, entre as que se mencionou a xestión de Axudas do IGAPE (Axuda Obradoiros Multidisciplinares e Galicia Exporta OOII 2025), Axuda Xera-Savia, Sinatura Convenio co INEGA.
Mais sen dúbida o punto clave do encontro foi a reestruturación da Xunta Directiva, resultando elixido o novo equipo conformado polos seguintes socios:
• Presidente: D. Rubén Mosquera Rodríguez, actuando en representación da entidade MOSQUERA VILLAVIDAL, S.L.,
• Vicepresidenta: Dª. María Vázquez García, actuando en representación da entidade BIOMASA FORESTAL. S.L.,
• Secretario: D. Pastor Torres Bargiela, actuando en representación da entidade VEOLIA BIOMASA ESPAÑA SLU,
• Tesoureiro. D. Juan Carlos Garrido González, actuando en representación da entidade GESTCALOR, S.L.,
• Vogal: D. Francisco Javier Álvarez Pereiro, actuando en representación da entidade ECOWARM DE GALICIA, S.L.
• Vogal: D. Daniel Portela Campos, actuando en representación da entidade OKÖFEN CALEFACCION CON PELLETS, S.L.,
• Vogal: D. Fernando Val López, actuando en representación da entidade FUNDACIÓN CENTRO TECNOLÓXICO DE EFICIENCIA E SOSTENIBILIDADE ENERXÉTICA,
• Vogal: D. Fernando Vargas Capilla, actuando en representación da entidade FORESTACION GALICIA, S.A. (FORESGA),
• Vogal: D. Carlos Francisco Rodríguez Illade, actuando en representación da entidade CALQUEGA BIOMASA, S.L.
O novo equipo trasladou o seu compromiso coa entidade e agradeceu a participación e implicación de tódalas entidades asociadas que contribúen activamente o fortalecemento da cadea de valor da biomasa en Galicia.
Dende o COETFG achegamos os nosos parabéns á nova directiva e continuamos apoiando e colaborando en todo o que se nos precise.

