O COETFG convoca a súa Asemblea Xeral Ordinaria para o 28 de Marzo de 2026

O encontro celebrarase a través de conexión en liña para facilitar a participación de todo o colectivo e abordará a actuación da entidade na anualidade 2025, así como el plan de actuación e o orzamento para o 2026

 

26 febreiro, 2026

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) celebrará a súa Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro sábado 28 de marzo de 2026.

A sesión está convocada en primeira convocatoria ás 10:00 horas e ás 10:30 horas en segunda, e desenvolverase en formato telemática a través da plataforma Zoom.

No encontro poderán participar todas as persoas asociadas que soliciten a súa inscrición antes do xoves 26/03/2026 ás 15.00 horas, ben a través dunha comunicación ao enderezo coetfoga@forestaisgalicia.es ou ben a través da sede electrónica no seguinte ENLACE .

Durante la asemblea, a entidade presentará o balance de xestión do último exercicio, coa memoria de actividades e as contas correspondentes a 2025, ademais do plan de actuación e o orzamento previsto para 2026.

O enlace de acceso a la sesión enviarase no día previo á asemblea ao enderezo electrónico comunicado pola persoa inscrita.

Agardamos poder contar coa túa participación e achegas.

Sen dúbida a dende a diversidade de perspectivas, enfoques e coñecementos conseguiremos fortalecer o noso Colexio e a nosa profesión!