Visado electrónico

Segundo o disposto no Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, o Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia é competente para VISAR traballos profesionais, que aos efectos en todo o Estado Español e cuxa materia principal do traballo entre dentro das atribucións propias da profesión; e que se atopen nos seguintes supostos:

  • Aqueles traballos profesionais recollidos no artigo 2º do Real Decreto 1000/2010.
  • Aqueles traballos profesionais, cando así o solicite voluntariamente o cliente, incluída a Administración Pública.

O Visado implica os seguintes servizos:

  • Acreditación de autoría:
    • Acredita a identidade.
    • Que a ou o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo.
    • Que está colexiado ou colexiada e cumpre coa normativa colexial.
    • Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión.
    • Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
  • Acreditación sobre o traballo:
    • Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional.
    • Que cumpre a normativa colexial.
    • Que cumpre coa normativa legal sobre composición documental e grao de especificación en correspondencia co obxecto do encargo profesional recibido.
    • Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuxa vixilancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio.
    • Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente.
    • Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo.
    • Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Visado Colexial, existindo copia nos arquivos do Colexio.
  • Outros trámites:
    • O Colexio responderá subsidiariamente dos danos que teñan a súa orixe en defectos que deberan ser postos de manifesto polo colexio ao visar o traballo profesional, e que garden relación directa cos elementos que se visaron nese traballo concreto.
    • Arquivo documental.
    • Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais.
    • Reclamación de honorarios.
    • Certificación Oficial dos traballos profesionais realizados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario).

Para tramitar o visado de traballos profesionais a través do sistema de Visado Electrónico, que consiste na tramitación do visado de documentos en formato dixital, débese acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou das contrasinais previamente facilitadas polo COETFG.

REQUIRIMENTOS PARA TRAMITAR UN VISADO

  1. Serán de obrigado cumprimento tódolos requisitos contemplados na NORMATIVA DE VISADO DO COETFG (Ver normativa de visado). (Documento actualizado tras a Asemblea Xeral Ordinaria, celebrada con data do 28/01/2023).
  2. De xeito anual e previa á solicitude dun visado, a ou o profesional deberá ter presentada a Declaración Xurada para Trámites de Visado. Dito documento poderá presentarse:
    • En formato papel: entregando no colexio o documento orixinal debidamente cuberto e asinado.
    • En formato dixital: enviando o documento asinado dixitalmente a través do correo electrónico ou do enlace facilitado a continuación.

Envío Declaración Xurada para Trámites de Visado

RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN VISADO

  1. Dende o COETFG recoméndase que o profesional teña subscrito un Seguro de Responsabilidade Civil que de cobertura ás responsabilidades derivadas do exercicio da profesión.
    Para elo, o COETFG facilita aos colexiados e colexiadas que estean ao corrente de pagos un SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL de cobertura 30.000,00 €.
    Ademáis todas as persoas colexiadas que o desexen poden ampliar a cobertura, de forma voluntaria e asumindo o custe da mesma. Para tramitar a solicitude de ampliación da cobertura consulte co COETFG.
  2. Por seguridade do Profesional e posible defensa xurídica da súa actividade, o COETFG considera importantísimo anexar a Folla de Encargo ou Contrato de Servicios ao documento a visar, y na que se especifique si a solicitude de visado se tramita a petición do cliente.

SOLICITAR VISADO:

Acceso e-visado

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.