PRECOLEXIACION

O COETFG pon este servicio a disposición do alumnado das titulacións que habiliten para o exercicio da profesión da Enxeñaría Técnica Forestal, é dicir os Graos en materia Forestal, así como das e dos estudantes dos masters que as persoas graduadas en Enxeñaría Forestal podan estar cursando con posterioridade.

O Servizo de Precolexiación, créase co principal obxecto de facilitar a introdución e acercamento ao colectivo profesional ao que deberá integrarse á hora de exercer a profesión, así como en todos os asuntos relacionados co desenvolvemento da profesión.

REQUISITOS

Poderán inscribirse no Servicio de Precolexiación as seguintes persoas:

  1. Alumnado dos Graos en materia Forestal.
  2. Persoas con título habilitante para o exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica Forestal, que non exerzan a profesión en ningún dos seus ámbitos, e que sexa Alumnado de algún Master relacionado con campos comúns da Enxeñaría Forestal (Medio Ambiente, Montes, Incendios, Ordenación del Territorio, ….).

Para tramitar a alta no Servicio de Precolexiación é necesario remitir ao Colexio a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude de alta no SERVICIO DE PRECOLEXIACIÓN.
  • Fotocopia del DNI
  • Fotografía tamaño carné
  • Xustificante da matrícula universitaria do curso académico correspondente.
  • No caso de alumnado de Máster debe presentarse ademais copia do título universitario do grao que posúa.
  • Xustificante bancario do ingreso da cota anual de PRECOLEXIACIÓN (20,00 €/ano) na seguinte conta bancaria do Colexio:
    BANCO SABADELL: ES05-0081-5363-28-00.0115.6719
DEREITOS
  • INFORMACIÓN: Recepción das circulares e comunicacións do COETFG.
  • EMPREGO: Inscrición na Base de Emprego do COETFG e recepción de Ofertas de Emprego que permitan o acceso a persoas estudantes ou bolseiras.
  • FORMACIÓN: Asistencia a actividades formativas e informativas, nas mesmas condicións que as persoas colexiadas.
  • ASESORAMENTO XURÍDICO: Asistencia xurídica en materias relacionadas co ámbito profesional da Enxeñaría Forestal.
  • BENEFICIOS SOCIAIS: Descontos e ofertas que se obteñan para o colectivo, cando non impliquen o desenvolvemento do exercicio profesional.
  • OUTROS que podan ser considerados pola Xunta de Goberno especificamente, como por exemplo a participación en Grupos ou Comisións de Traballo, a colaboración en proxectos e/ou accións concretas dirixidas ao alumnado universitario, …….
  • Si a persoa interesada solicita a Alta Colexial unha vez finalizados o seus estudios, e con antelación ao final do período de precolexiación aboado, aplicaráselle a exención do pago d Taxa de Alta Colexial.
SOLICITUDE DE ALTA

A solicitude de alta no Servicio de Precolexiación require a presentación da documentación indicada, a través de algunha das seguintes vías:

  • En formato papel: presentando a documentación orixinal nas oficinas do COETFG
  • En formato dixital: presentando a documentación asinada dixitalmente a través da sede electrónica do COETFG
  • En formato dixital: enviando a documentación asinada dixitalmente ao enderezo electrónico coetfoga@forestaisgalicia.es

Para máis Información consultar o: REGULAMENTO INTERNO DO SERVICIO DE PRECOLEXIACIÓN DO COETFG

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.