Presenza

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia está presente en distintos órganos e institucións, participando de forma activa e representando á profesión nos distintos ámbitos competenciais:

Alianza Galega polo Clima

A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxías na acción climática en Galicia. Esta Alianza reunirá a organizacións que estean dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030. Inclúe empresas, asociacións profesionais e organizacións sindicais, así como, oenegués ambientais, entidades da sociedade civil e administracións públicas que queiran achegar a súa experiencia e formar parte dunha Galicia neutra.

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal PEFC (PEFC Galicia)

A finalidade desta Asociación é o fomento e o desenvolvemento da xestión forestal sostible, a promoción do coñecemento e a aplicación das resolucións das conferencias ministeriais paneuropeas sobre a protección dos bosques, a promoción e difusión do sistema español de certificación forestal paneuropeo na Comunidade Autónoma de Galicia e o desenvolvemento e a estruturación da modalidade rexional do sistema de certificación PEFC en Galicia.

Asociación Profesional de Empresas Medioambientales de Galicia (APROEMA)

Asociación Empresarial de ámbito autonómico co propósito de coordinar, defender, asesorar e representar os dereitos dos seus asociados e como un foro de debate aberto en defensa do medio ambiente.

Defendemos dunha maneira común e conxunta os intereses profesionais e colectivos dos asociados, igualmente formar parte de APROEMA implica beneficiarse del valor dos servicios e a relación con expertos e outras empresas do sector ambiental.

Clúster da Biomasa de Galicia

O Clúster da Biomasa nace para dar resposta aos retos do sector e para impulsar o uso das enerxías renovables, ademais de identificar as necesidades que contribúan á diversificación do sector enerxético en Galicia.

Para conseguilo, una das acción do Clúster da Biomasa será a posta en marcha de proxectos de cooperación que aposten pola innovación. Por outra parte, o organismo vai promover a internacionalización e a capacidade emprendedora.

Fundación Galicia Constrúe, Clúster da Construción

Entidade que ten como obxectivo promover e estimular o desenvolvemento e a mellora da competitividade do Sector da Construción de Galicia.

A Fundación ten por obxecto o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación, a mellora da competitividade e a formación no sector da construción de Galicia.

Unión Profesional de Galicia

A entidade Unión Profesional de Galicia reúne á Colexios Profesionais de Titulados Universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia coa finalidade de coordinar ás actuacións en temas de interese común, defender os valores característicos e promover o perfeccionamento das profesións tituladas universitarias representadas na Asociación.

Consello Forestal de Galicia

O Consello Forestal de Galicia creouse co obxecto de facilitar una axeitada xestión sostible dos montes galegos e fomentalo desenvolvemento económico, social e ambiental do sector forestal.

Este Consello é o órgano consultivo e asesor da Administración Forestal e ten como fin dar o cumprimento ao principio de participación pública e establecer unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica.

Consello Xeral de Colexios Oficiais de Ingenieros Técnicos Forestales

É o órgano que integra tódolos Colexios Profesionais da Enxeñaría Técnica Forestal existentes en España, co obxecto da súa representación e coordinación.

Actualmente o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Forestais está composto polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Forestales (Madrid), el Col.legi d’Enginyers Tècnics Forestals de Catalunya e o Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia.

Consello Nacional de Bosques

O Consello Nacional de Bosques é un órgano adscrito ó Ministerio de Medio Ambiente, a través da Secretaría Xeral de Medio Ambiente, que ten como función actuar como órgano de información e asesoramento, co obxectivo de facilitar unha adecuada xestión sostible dos montes españois e fomentar o desenrolo económico e social do sector forestal.

Está presidido polo Ministro de Medio Ambiente e composto por representantes da Administración autonómica e local, de propietarios forestais, de organizacións empresariais, das Escolas Universitarias Forestais e de Montes, de organizacións non gobernamentais, etc.., así como tamén representantes dos Colexios Oficiais das profesións relacionadas co sector forestal.

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.