Sociedades Profesionais
A Sociedade Profesional regúlase pola “Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais” e a “Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servicios e o seu exercicio”, así como no establecido na “Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE”.
Aos efectos da lei de sociedades profesionais, é actividade profesional, aquela que requira titulación universitaria oficial para o seu desenrolo e inscrición no correspondente Colexio Profesional.
Así mesmo dito texto entende que existe exercicio en común dunha actividade profesional cando os actos propios da mesma sexan executados directamente baixo a razón ou denominación social e lle sexan atribuídos á sociedade os dereitos e obrigas inherentes ao exercicio da actividade profesional como titular da relación xurídica establecida co cliente.
As Sociedades Profesionais poderán constituírse con arranxo a calquera das formas societarias previstas nas leis, cumprimentando os requisitos establecidos na “Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais“.
A Sociedade Profesional a pesar de ter a condición de colexiado, non poderá acceder a cargos de Xunta de Goberno do Colexio nin terá voz nin voto nas Asembleas.
Para tramitar a alta dunha Sociedade Profesional é preciso remitir ó Colexio a seguinte documentación:
- Impreso de solicitude de alta no rexistro de Sociedades Profesionais.
- Data e identificación da escritura pública de constitución e Notario que autoriza, así como a duración, no caso de terse constituído por tempo determinado.
- A actividade ou actividades que constitúen o obxecto social.
- Identificación das persoas socias profesionais e non profesionais facendo constar no caso das primeiros o número de colexiada ou colexiado.
- Identificación das persoas que se encarguen da administración e representación expresando en cada caso a condición de socia profesional de cada unha delas.
- Así mesmo poderá inscribirse calquera cambio de persoas socias e/ou administradoras, así como calquera modificación do contrato social.
- Copia do CIF.
- Xustificante bancario do ingreso da cota de inscrición (60,00 € + 21 % IVE ) na seguinte conta bancaria do Colexio:
BANCO SABADELL: ES05-0081-5363-28-00.0115.6719
SOLICITUDE DE ALTA
A solicitude de alta dunha Sociedade Profesional require a presentación da documentación indicada a través de algunha das seguintes vías:
- En formato papel: presentando a documentación orixinal nas oficinas do COETFG
- En formato dixital: presentando a documentación asinada dixitalmente a través da sede electrónica do COETFG
- En formato dixital: enviando a documentación asinada dixitalmente ao enderezo electrónico coetfoga@forestaisgalicia.es
SOLICITUDE DE BAIXA
Para tramitar a Baixa dunha Sociedade Profesional é preciso presentar, por algunha das vías habilitadas e descritas no apartado anterior, o seguinte impreso debidamente cuberto e asinado:
- Impreso de solicitude de Baixa no Rexistro de Sociedades Profesionais

