Profesión

A Enxeñaría Técnica Forestal é unha profesión regulada por lei, e o seu exercicio profesional está supeditado á colexiación obrigatoria, coa única excepción das e dos profesionais ao servizo directo das administracións públicas: persoal funcionario, laboral e/ou estatutario.

Os títulos universitarios que habilitan para o exercicio desta profesión son os de “Enxeñería Técnica Forestal” (nas especialidades de: Explotacións Forestais, Industrias Forestais, Industria Papeleira) e o título de “Grao en Enxeñaría Forestal” que de cumprimento á Orde CIN/324/2009 (BOE nº43, do 19/02/2009).

Marco Legal

Decreto 2095/1971, do 13 de agosto, polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de especialidades forestais (BOE nº 225, do 20/09/1971)

Real Decreto 2220/1982, do 9 de xullo, polo que se modifica o Decreto 2095/1971, do 13 de agosto, polo que se regulan as facultades e competencias profesionais dos Enxeñeiros Técnicos de Especialidades Forestais (BOE nº 217, do 10/09/1982)

Real Decreto 1609/1978, do 12 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Corpo de Enxeñeiros Técnicos Forestais da Facenda Pública (BOE nº 160, do 06/07/1978)

Lei 12/1986, do 1 de abril, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos. (BOE nº 79, do 02/04/1986)

Lei 33/1992, do 9 de decembro, de modificación da Lei 12/1986, sobre regulación das atribucións profesionais dos Arquitectos e Enxeñeiros Técnicos. (BOE nº 296, do 10/12/1992)

Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. (BOE nº 226, do 06/11/1999)

Orde CIN/324/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal. (BOE nº 43, do 19/02/2009)

Tipos e Ámbitos de Traballo

As Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnico Forestal poden desenvolver a actividade profesional por conta propia, como profesionais autónomos, ou por conta allea, xa ben sexa no sector público da Administración ou ben no sector privado.

Destacando entre outros os seguintes ámbitos:

  1. Realización de:
    • Recoñecementos
    • Inspeccións
    • Consultas
    • Medicións
    • Inventarios
    • Cubicacións
    • Valoracións
    • Taxacións
    • Outros
  2. Redacción de:
    • Proxectos
    • Anteproxectos
    • Estudios básicos
    • Memorias
    • Informes
    • Ditames
    • Certificacións
    • Outros
  3. Traballos de:
    • Dirección de obra
    • Execución de obra
    • Xestión de explotacións
    • Dirección de empresas
    • Outros

En calquera caso, o traballo do enxeñeiro técnico forestal, dentro da súa respectiva especialidade técnica, desenvólvese nos seguintes ámbitos:

1. Aproveitamentos do Medio Ambiente

  • Repoboacións forestais
  • Creación e mellora de pasteiros
  • Plans de aproveitamento de: leñas, madeira, cortiza, resina, cogomelos, froitos, plantas medicinais, aromáticas ou industriais…
  • Explotacións mineiras a ceo aberto: minas, canteiras, graveiras
  • Explotacións cinexéticas e piscícolas
  • Outros

2. Ordenación do Medio Ambiente

  • Ordenación de montes arborados
  • Xestión de espazos naturais
  • Ordenación piscícola e cinexética
  • Estudios de impacto ambiental
  • Estudios de flora e fauna
  • Estudios de ecoloxía fluvial e calidade das augas
  • Certificación Forestal
  • Proxectos de compensación de CO2
  • Outros

3. Construcións

  • Instalacións rurais
  • Instalacións de industrias ou explotacións forestais: viveiros forestais e ornamentais, granxas cinexéticas e gandeiras, piscifactorías, serradoiros…
  • Construción de diques, presas e balsas
  • Escalas para peixes
  • Infraestruturas de defensa
  • Muros de contención e cerramentos
  • Movementos de terra
  • Camiños e vías forestais
  • Outros

4. Defensa do Medio

  • Estudios e tratamentos fitosanitarios
  • Tratamentos silvícolas
  • Corrección de impactos ambientais
  • Restauración de explotacións mineiras
  • Defensa contra incendios forestais
  • Enerxías renovables
  • Xestión de residuos
  • Outros

5. Industrias Forestais

  • Industrias de primeira transformación: serradoiros, chapa, taboleiro, pasta celulósica, trituración, estelas…
  • Industrias de segunda transformación: mobles, carpintería, embalaxes, papel, cartón…
  • Transformación da cortiza
  • Transformación da resina
  • Plantas aromáticas, cogomelos e froitos forestais
  • Industria xiloenerxética: residuos de madeira, leñas, estelas…
  • Parques de maquinaria forestal
  • Desenvolvemento industrial
  • Outros

6. Topografía e Xestión Catastral

  • Levantamentos topográficos
  • Expropiacións
  • Deslindes
  • Segregación e particións
  • Permutas
  • Outros

7. Xestión Hidráulica

  • Restauración hidrolóxico-forestal
  • Corrección de leitos, torrentes e ribeiras
  • Afloramentos e prospeccións de auga
  • Captacións e abastecementos de auga
  • Conducións de auga
  • Saneamentos e drenaxes
  • Outros

8. Novas Tecnoloxías

  • Aplicacións dos sistemas de información xeográfica á cartografía temática
  • Aplicacións da teledetección e da fotogrametría
  • Simulación de variables naturais aplicadas a avaliación de riscos
  • Bioeconomía
  • Outros

9. Uso Social e Recreativo

  • Parques urbanos e periurbanos
  • Áreas de uso recreativo
  • Educación ambiental
  • Aulas da natureza
  • Turismo rural
  • Outros

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.