Funcións

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia ten como obxectivo principal velar pola actuación profesional das persoas que o integran en beneficio da sociedade, protexéndoas do intrusismo profesional e garantindo a ética profesional das e dos colexiados, aos que en consecuencia, protexe e axuda tanto na súa adecuación profesional como no asesoramento e perfeccionamento da súa seguridade profesional, social e laboral.

Entre as súas funcións destacan:

1. A representación e defensa da profesión diante de administracións, institucións, tribunais, entidades particulares, con lexitimación para ser parte en tódolos litixios que afecten ós intereses profesionais e exercer o dereito de petición, de acordo coa lei.

2. O fomento da plena ocupación das e dos colexiados, impedindo a competencia desleal entre os mesmos e adoptando as medidas oportunas para evitar o intrusismo profesional.

3. A organización de actividades e servizos comúns de interese para as persoas colexiadas e outras interesadas, de carácter profesional, formativo, cultural, informativo, asistencial, de previsión ou outros análogos.

4. O visado, rexistro e dilixenciado dos documentos relacionados cos traballos profesionais das e dos colexiados.

5. A presenza nos padroados e consellos sociais das universidades, así como participar na elaboración dos plans de estudios das Escolas Universitarias con títulos habilitantes para o exercicio profesional da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia, e de calquera ensinanza universitaria ou de formación profesional que teñan relación coa actividade forestal.

6. A axuda xurídica ás persoas colexiados cando o soliciten, en cuestións relacionadas có exercicio profesional.

7. Así como outras dispostas en Estatutos.

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.