Rexistro documental
O COETFG é competente para tramitar o REXISTRO DOCUMENTAL de calquera documento técnico, que non esté sometido á Visado obrigatorio segundo o disposto no Real Decreto 1000/2010, e aos efectos en todo o Estado Español e cuxa materia principal do traballo se atope dentro das competencias propias da profesión.
O Rexistro Documental implica:
- Acreditación de autoría:
- Acredita a identidade.
- Que a ou o profesional conta cun título legalmente recoñecido ou homologado que o habilita para a realización do traballo.
- Que está colexiado ou colexiada e cumpre coa normativa colexial.
- Que non existe inhabilitación colexial para o exercicio da súa profesión.
- Que non existe incompatibilidade legal para a realización do traballo presentado que fora notificada a este colexio.
- Acreditación sobre o traballo:
- Que o traballo entra dentro das competencias deste Colexio Profesional.
- Que cumpre a normativa colexial.
- Que cumpre coa normativa legal sobre composición documental e grao de especificación en correspondencia co obxecto do encargo profesional recibido.
- Que cumpre as normas e regulamentos oficiais cuxa vixilancia e observancia fora atribuída por disposición expresa a este Colexio.
- Que reúne os documentos necesarios para que se poda interpretar e/ou executar correctamente.
- Que cumpre os requisitos formais e adecúa os seus obxectivos ao título do traballo.
- Que existe constancia colexial dos documentos suxeitos a Rexistro Documental, existindo copia nos arquivos do Colexio.
- Outros trámites:
- Arquivo documental.
- Asesoramento xurídico e defensa de atribucións profesionais.
- Reclamación de honorarios.
- Certificación Oficial dos traballos profesionais realizados (válido para o proceso de acreditación profesional nos procesos de convalidación de títulos ou pasarelas ao novo sistema universitario, licitacións, candidaturas en ofertas de emprego,…..).
Para tramitar o Rexistro Documental de traballos profesionais a través do sistema de Visado Electrónico, que consiste na tramitación do Rexistro de Documentos en formato dixital, débese acceder á plataforma de e-visado a través da sinatura dixital ou dos contrasinais previamente facilitados polo COETFG.
REQUIRIMENTOS E RECOMENDACIÓNS PARA TRAMITAR UN REXISTRO DOCUMENTAL
Será de aplicación o expresado para o caso de Visado.
SOLICITAR REXISTRO DOCUMENTAL: