Organización
O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia está dirixido e administrado polos seguintes órganos:
Asemblea Xeral
A Asemblea Xeral do colexio é o órgano de expresión da vontade de tódalas súas colexiadas e colexiados, polo tanto todas e todos eles están obrigados ao cumprimento dos acordos que aquela adopte.
Xunta de Goberno
A misión da Xunta de Goberno é a dirección, organización e representación do colexio e polo tanto de tódolos seus membros.
A Xunta de Goberno contará coa seguinte estrutura: decana ou decano, que ten a máxima representación, secretaria ou secretario, tesoureira ou tesoureiro e de ser o caso dous vogais, todos elixidos pola Asemblea Xeral e o seu mandato terá unha duración de catro anos.
Tras a celebración do Proceso Electoral convocado con data do 05/10/2026, reunida en Sesión 09/2026 con data do 28/10/2026 tomou posesión dos seus cargos a Xunta de Goberno está composta polos seguintes membros:
• DECANO – D. Xaime Óscar Iglesias Pérez, Colexiado Nº 687
• SECRETARIA – Dª. Mónica López González, Colexiada Nº 645
• TESOUREIRA – Dª. Yolanda Arroyo Martínez, Colexiada Nº 1055
• VOGAL – Dª. Carolina García López, Colexiada Nº 886
• VOGAL – Dª. Beatriz Carrera Giráldez, Colexiada Nº 790
Asembleas Provinciais
En cada unha das provincias da Comunidade Autónoma de Galicia poderá constituírse unha Asemblea Provincial, composta por todos aqueles colexiados e colexiadas de cada unha das provincias. Esta asemblea terá carácter consultivo, deliberativo e informativo.
Delegadas ou Delegados Provinciais
As delegadas ou delegados provinciais presiden as asembleas provinciais e son as e os responsables de transmitir o sentir das e dos colexiados de cada unha das provincias ante a Xunta de Goberno do colexio. Podendo ademais, por designación da Xunta de Goberno, representar ao Colexio ante toda clase de organismos, entidades e corporacións no seu ámbito territorial.
Xerencia
Cargo con funcións de: representación do Colexio por delegacións ou apoderamento, organización, coordinación e xefatura das actividades, persoal e servizos externos da entidade, así como outras descritas en Estatutos.
Actualmente desempeña o cargo de Xerencia Dª. Patricia González Pereiró, Colexiada Nº 124

