Colexiación
A colexiación, conforme a normativa legal vixente, é un requisito indispensable para o exercicio da profesión da Enxeñería Técnica Forestal en calquera das súas especialidades no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Normas de referencia:
- Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais, (BOE nº 40 – 07/03/1974 e modificacións posteriores)
- Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE nº 189, 28/09/2001 e modificacións posteriores)
- Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servicios e o seu exercicio (BOE nº 283, 24/11/2009 e modificacións posteriores)
- Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servicios e o seu exercicio (BOE nº 308, 23/12/2009 e modificacións posteriores)
- Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servicios no mercado interior (BOE nº 86, 09/04/2010 e modificacións posteriores)
- Estatutos do Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia.
Para ser colexiada ou colexiado do COETFG será necesario estar en posesión do título oficial de enxeñeira ou enxeñeiro técnico forestal en calquera das especialidades forestais, do grao en enxeñaría forestal ou de calquera outra titulación que a substitúa nun futuro, xa sexan pública ou privada, así como os títulos estranxeiros homologados ou recoñecidos oficialmente polo Estado español, para efectos profesionais co de enxeñaría técnica forestal.
A colexiación, ademais de ser un requisito legal para o desenvolvemento da actividade profesional, ofrece unha serie de prestacións ou servizos, entre as que destacan:
- Representación da profesión e dos intereses colectivos ante distintos estamentos sociais.
- Defensa das atribucións profesionais da enxeñería forestal.
- Visado e Rexistro Documental de traballos profesionais.
- Seguro de responsabilidade civil profesional.
- Asesoría xurídica, en cuestións relacionadas cos dereitos e intereses lexítimos de carácter profesional.
- Bolsa de traballo con información sobre ofertas de emprego, público e privadas, a tódalas persoas interesadas dadas de alta no servizo.
- Formación e divulgación, mediante cursos, seminarios, xornadas, webinars,…, relacionadas coa profesión e co exercicio profesional, organizadas polo colexio ou por entidades colaboradoras.
- Información periódica de todas aquelas cuestións de interese profesional.
- Beneficios sociais a través de convenios de colaboración con entidades público e privadas.
- Outras ….
Para tramitar a colexiación ou a reincorporación no COETFG será preciso presentar a seguinte documentación:
- Solicitude de Colexiación / Reincorporación
- Ficha de Datos
- Título Universitario habilitante para o exercicio da profesión (Enxeñeira ou Enxeñeira Técnico Forestal ou Grao Forestal
- Fotografía tamaño carné
- Fotocopia DNI
- Mandato SEPA para autorización do cobro da cota colexial a través do banco
- Expediente Académico, con validez legal, no que figuren as materias cursadas durante toda a carreira.
- Declaración Xurada de non contar con inhabilitación profesional ou colexial
- Xustificante bancario do ingreso da Taxa de Alta ou Reincorporación Colexial
- No caso de proceder doutro Colexio Profesional, deberá presentar un Certificado de Colexiación emitido polo Colexio do que se trate.
Taxa de alta colexial
O importe de alta/reincorporación farase efectivo no momento en que se solicite a colexiación, na seguinte conta bancaria:
BANCO SABADELL: ES05-0081-5363-28-00.0115.6719
Esta taxa será de:
- Novas incorporacións: 50,00 euros.
- Reincorporacións: 100,00 euros.
- Xubilados: Exentos de pago.
- Procedentes doutro Colexio Profesional: Exentos de pago.
Cota colexial anual
A cota colexial é de 195,00 euros/ano. Esta cota cobrarase por domiciliación bancaria en cotas cuadrimestrais de 65,00 euros cada unha, estruturándose do seguinte xeito:
- 1ª Cota_ Abono en Xaneiro: Corresponden ao 1º cuadrimestre do ano (65,00 €).
- 2ª Cota_ Abono en Maio: Corresponden ao 2º cuadrimestre do ano (65,00 €).
- 3ª Cota_ Abono en Setembro: Corresponden ao 3º cuadrimestre do ano (65,00 €).
Poderá solicitarse a aplicación das seguintes bonificacións:
- Persoas Xubiladas: exención de pago.
- Cónxuxes: 53,00 €/cota, aplicable a cada membro da parella.
- Persoas en paro: 26,00 €/cota (a solicitude se realizará para cada cuadrimestre).
AVISO FISCAL PAGO COTAS: O importe abonado ao COETFG en concepto de cotas colexiais é deducible integramente á hora de presentar a Declaración Anual da Renda de Persoas Físicas.
SOLICITUDE DE ALTA
A solicitude de alta o reincorporación colexial require a presentación da documentación indicada a través de algunha das seguintes vías:
- En formato papel: presentando a documentación orixinal nas oficinas do COETFG
- En formato dixital: presentando a documentación asinada dixitalmente a través da sede electrónica do COETFG
- En formato dixital: enviando a documentación asinada dixitalmente ao enderezo electrónico coetfoga@forestaisgalicia.es

