Dando continuidade ao compromiso co desenvolvemento do talento profesional do sector da industria forestal-madeira, e como continuidade a proxectos anteriores, arrancamos un novo proxecto de accións formativas e divulgativas ao amparo do procedemento IN501A, convocado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)
O proxecto desenvolverá distintas actividades dentro do último cuadrimestre de 2026 e primeiro semestre de 2027, e están orientadas a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
As inscricións son de balde, sendo obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
Arrancamos coas seguintes convocatorias:
> Outubro de 2026 – CURSO: Implantación de QGIS na oficina técnica (nivel básico) >>Info.
> Outubro de 2026 a Marzo de 2027 (7 sesións) – Aula de MARKETING para profesionais da industria forestal-madeira >>Info.
>Novembro de 2026: CURSO: Manexo de QFIELD como ferramenta de traballo de campo – En organización –
>Decembro de 2026- WEBINAR: Análise da Biomasa para a xestión de tratamentos silvícolas mediante clasificación por altura, baseada en datos fotogramétricos e de Lidar aéreo recollidos con UAVS – En organización –
Aproveita esta oportunidade e inscríbete xa!!

