Acto de Sinatura da Adhesión á Alianza Galega polo Clima no COETFG

O COETFG recibiu na súa sede á Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e á Directora de Enerxías Renovables, para formalizar a sinatura da Adhesión á Alianza Galega polo Clima, e achegar a esta administración o papel esencial que as e os Enxeñeiros Forestais teñen na toma de decisións e na execución de accións ante o Cambio Climático.