Convocadas actividades formativas de impulso á promoción económica e fomento do emprego

Gracias á colaboración e ao apoio económico da Deputación da Coruña, o COETFG ven de poñer en marcha un proxecto formativo dirixido á promoción económica e fomento do emprego.

A convocatoria está aberta a calquera persoa e ou empresa con actividade profesional e a aquelas que se atopan en proceso de formación e mellora de habilidades para a súa incorporación ao mundo laboral e/ou empresarial.

O proxecto aborda unha serie de webinars, de duración de 2 horas, con temáticas esenciais no cumprimento legal e competitividade das distintas organizacións, así como outras que permiten mellorar as habilidades e o talento dos equipos humanos.

06/11/2025 – WEBINAR: Obrigas e recomendacións para pemes e autónomos: Ciberseguridade e NIS2 >>Info.

13/11/2025 – WEBINAR: Obrigas e recomendacións para pemes e autónomos: Facturación Electrónica >>Info.

20/11/2025 – WEBINAR: A Intelixencia Artificial como unha oportunidade para os nosos negocios >>Info.

02/12/2025 – WEBINAR: Como afrontar os procesos de selección? >>Info.

09/12/2025 – WEBINAR: Desenvolve a túa marca persoal con éxito >>Info.

16/12/2025 – WEBINAR: Como mellorar a comunicación da túa empresa? >>Info.

Dende o COETFG damos continuidade ao compromiso no ámbito da formación e da actualización de coñecementos.