Creación

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia agrupa ás persoas tituladas universitarias en calquera das especialidades recoñecidas legalmente: axudantes e peritos de montes, Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnicos Forestais, Graduadas e Graduados en Enxeñaría Forestal, ou calquera outra nomenclatura que puidera existir no futuro, que habiliten para o exercicio da PROFESIÓN da ENXEÑARÍA TÉCNICA FORESTAL.

O Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia constitúese no ano 1997 por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais (Decreto 250/1997 do 25 de agosto), co fin de acadar unha organización máis operativa e próxima ás e aos profesionais desta comunidade.

O colexio é unha Corporación de Dereito Público, amparada pola Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (Lei 11/2001 do 18 de setembro) con estrutura democraticamente constituída, carácter representativo e personalidade xurídica propia.

Forma parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Forestais de España có obxecto da coordinación e representación conxunta de tódolos Colexios de Enxeñeiras e Enxeñeiros Técnicos Forestais existentes en España.

Acceso a e-gestion

Accede a nuestra nueva plataforma de gestión.