Iniciativa de proposta de “Pacto de Estado Fronte a Emerxencia Climática”

Ata o vindeiro 15/10/2025 permanece aberta a participación pública á proposta do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) do “PACTO DE ESTADO FRONTE A EMERXENCIA CLIMÁTICA”, a través do que segundo sinalan, pretende establecer un marco compartido de compromisos que garantan o interese xeral e o ben común, que transitan dende a xestión da auga e bosques, á prioridade das persoas máis vulnerables, a disposición das mellores condicións de traballo para os servizos de emerxencia, ata o desenvolvemento dunha nova cultura de prevención.

O traballo a desenvolver planificado nesta Folla de Ruta nace para dar unha resposta común a secas, incendios e inundacións e o seu obxectivo principal é reforzar a resiliencia do pais e protexer á cidadanía.

Formulario de participación cidadá

Máis info >>