Nova colaboración con Enxeñeiros Sen Fronteiras de Galicia – Webinar Proxecto AQUA-MOZ 21/05/2025

O pasado mércores 21/05/2025 tivemos a sorte de compartir webinar con Victor Penas e Sergio Fernandez de Enxeñeiros Sen Fronteiras Galicia, na que nos presentaron o PROXECTO AQUA-MOZ que Augas de Galicia desenvolve en Mozambique e que afonda na “XESTIÓN DE RECURSOS HÍDRICOS EXTREMOS (SECAS E INUNDACIÓNS)”.

Neste encontro debateuse ademais sobre as indiscutibles competencias das Enxeñarías da rama forestal no eido da hidroloxía.

Unha vez mais, dende o COETFG moi agradecidos á colaboración de ESF Galicia.