Tras o proceso electoral seguido no seo deste Colexio Profesional, convocado con data do 05 de outubro de 2026, e de acordo cos Estatutos que regulan o funcionamento desta Institución, aprobados por Decreto 147/2022, de 4 de agosto e publicados no Diario Oficial de Galicia nº 160, do 24 de agosto de 2022, resultou elixida a nova Xunta de Goberno.
As persoas que compoñen o equipo tomaron posesión dos seus cargos con data do 28/10/2026, iniciando unha nova etapa ao tempo que da continuidade ao traballo realizado con anterioridade.
💪 Encabezado por Xaime Iglesias Pérez (Decano), forman parte do novo equipo:
- Mónica López González (Secretaria)
- Yolanda Arroyo Martínez (Tesoureira)
- Carolina García López (Vogal)
- Beatriz Carrera Giráldez (Vogais)
🙌 Trasladámoslles o noso agradecemento polo seu compromiso e adicación e continuamos a traballar pola Enxeñaría Forestal!

