
O COETFG aborda un novo Proxecto Formativo dirixido ao impulso do coñecemento e a competitividade da Industria Forestal-Madeira de Galicia
No marco do procedemento IN501A, cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), dende o COETFG poñemos en marcha un novo proxecto de accións formativas e divulgativas dirixidas principalmente a profesionais da industria forestal-madeira, estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira, persoas recentemente tituladas nos ditos estudos, así como outras persoas interesadas.
As distintas actividades que abarca o proxecto buscan reforzar o talento profesional do sector da industria forestal-madeira, abordando materias de actualidade que resultan esenciais para afrontar os desafíos e as oportunidades ligadas ao desenvolvemento profesional.
Todas as accións están impartidas por profesionais de recoñecido prestixio que compartirán con todos nos coñecementos e indicacións que facilitarán o noso día a día.
--------
Nesta primeira fase, o COETFG lanza a convocatoria das seguintes actividades, das que podes ampliar detalles e inscribirte nos enlaces que acompañan:
22/11/2025 – CURSO: Implantación de QGIS na oficina técnica (nivel básico) >>Info.
25/11/2025 – WEBINAR: Plataforma Mercamadeira como punto de encontro para a compravenda de madeira >>Info.
04/12/2025 – WEBINAR: Uso dos UAS no sector da industria forestal-madeira e dos recursos naturais >>Info.
--------
E continuamos traballando......
Proximamente unha nova convocatoria: CURSO: Habilidades directivas e alto rendemento de profesionais da industria forestal-madeira.
Non perdas esta oportunidade!
Inscríbete e mellora as túas habilidades!

