
O COETFG entidade colaboradora de “ENERGY DAYS 2025”
O COETFG colabora con CLUERGAL (Clúster das Enerxías Renovables de Galicia) na organización do evento ENERGY DAYS 2025, que terá lugar do 8 ao 10 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, e no que se abordarán as últimas innovacións en materia de enerxía, industria e dixitalización.
O evento xa conta cun programa provisional que presenta conferencias en materia de eficiencia enerxética, sostenibilidade, dixitalización e ciberseguridade e enerxía eólica. Ademais inclúe a celebración de “Enerforum. IV Foro de formación e emprego no sector enerxético”, e a “Noite Enxerxética”. Ás conferencias e actos, sumarase unha zona de exposicións na que se presentarán as solucións de actualidade e se facilitará o networking entre os asistentes.
Nos vindeiros meses irán concretándose os relatores e o programa definitivo.
A través desta colaboración, dende o COETFG reforzamos a presenza da Enxeñaría Forestal e as competencias profesionais no eido das enerxías renovables en Galicia. Asemade, os colexiados e colexiadas se poderán beneficiar de descontos na inscrición.
A información para realizar os trámites de inscrición estará dispoñible neste enlace.

