O COETFG impulsa o talento das e dos profesionais da Industria Forestal-Madeira coa posta en marcha dun CURSO DE HABILIDADES DIRECTIVAS E ALTO RENDEMENTO

Baixo o PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025-2026", o COETFG abre a convocatoria dunha nova acción formativa que representa unha oportunidade única para o desempeño profesional e a mellora continua.

Con esta formación facilítase un programa de desenvolvemento profesional e habilidades directivas e alto rendemento, que ten por obxecto fixar talento no sector da industria forestal-madeira.

Os obxectivos fundamentais do programa son:

Adquirir coñecementos clave para xerar unha maior eficiencia, tanto na actividade profesional, como na súa interacción con clientes, provedores, administracións, …

• Entrenar as habilidades directivas máis relevantes para acadar o éxito no liderado de equipos y motivar á persoas no cambio de condutas y actitudes, a comunicación nos distintos eidos e a negociación con provedores e colaboradores.

Dirixido a:

• Responsables de persoas e/ou equipos de traballo.

• Profesionais con interese en desenvolver habilidades inter e intra persoais par acadar unha maior eficiencia na xestión e dirección de persoas e equipos.

Módulos:

Abordarase con profundidade e con dinámicas de traballo os seguintes módulos:

> Módulo 1 _ Motivación

> Módulo 2_ Creatividade

> Módulo 3_ Negociación

> Módulo 4_ Persuasión

> Módulo 5_ Comunicación

> Módulo 6_ Liderado

> Módulo 7_ Traballo en Equipo

> Módulo 8_ Marca Persoal

> Módulo 9_ Estratexia

> Módulo 10_ Xestión

Finalmente se abordarán varias sesións de integración dos coñecementos adquiridos.

Datas:

A formación desenvolverase dende Xaneiro a Xuño de 2026, cun total de:

• 6 sesións presencias en Santiago (4 h/sesión e horario: de 17.00 a 21.00 h): 30 de xaneiro, 27 de febreiro, 20 de marzo, 24 de abril, 22 de maio e 12 de xuño de 2026

• 12 sesións en liña (2h/sesión e horario de 17.00 a 19.00 h): 16 e 23 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, 6 e 13 de marzo, 10 e 17 de abril, 8 e 15 de maio, 29 de maio e 5 de xuño

Imparte:

Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral de Enxeño Galicia

Experto en Comunicación, Estratexia, Marketing e Formación.

Condiciones económicas:

• INSCRICIÓNS GRATUÍTAS. (Custe da formación: 800 €/asistente)

• Trátase dunha actividade formativa cofinanciada polo COETFG e pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), resultando gratuíta para o alumnado.

Será obrigatoria a asistencia ao 80% das horas lectivas. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.

Nº de Prazas limitado: 15. Non te despistes e solicita xa a túa praza!!

Prazo de inscrición ata o Martes 13/01/2025 ou fin de prazas!!

Máis información e inscricións AQUÍ