
Participación na Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia
O COETFG como membro de Unión Profesional de Galicia, entidade que engloba a distintos colexios profesionais de Galicia, participou na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado 23 de setembro de 2025 ás 17.00 horas en Santiago de Compostela.
A directiva explicou as accións realizadas durante os últimos meses e a planificación para o que resta de ano.
Así mesmo, entre os asuntos máis relevantes destacamos:
-A incorporación de 2 novos Colexios Profesionais como socios de Unión Profesional de Galicia.
-A creación da Comisión de Estatutos, que se encargará da posta en marcha do traballo para a elaboración da proposta de modificación dos actuais estatutos.
-A nova edición da Guía de Peritos, Mediadores e Expertos Independentes de 2026, que estará editada a inicios do vindeiro ano.

