
Reunión do Comité Asesor do Clúster da Construción-Galicia Constrúe
Como membro do Consello Asesor do Clúster da Construción Galicia Constrúe o COETFG participou na reunión do 28/06/25 celebrada na sede da Fundación Laboral da Construción en Santiago de Compostela.
Nesta sesión abordouse a presentación do Plan de Traballo do "PLAN DIRECTOR DA CONSTRUCIÓN 2026-2028" e no que o sector madeira debe estar presente cun papel determinante.
Dito Plan establece como obxectivo xeral o de potenciar e fortalecer o desenvolvemento da actividade industrial no sector para consolidalo como una cadea de valor competitiva no ámbito internacional, a través da innovación, a dixitalización e a sustentabilidade co fin de xeral alto valor engadido e empregos estables de calidade.
Deste xeito desenvolverase en 5 eixes: 1º. Industria galega produtiva, sustentable e exportadora, 2º. Competitividade sectorial e consolidación de proxectos, 3º. Persoas, 4º. Mellora de infraestruturas e promoción do solo industrial e 5º. Nova gobernanza.
O calendario de traballo exposto correspóndese coa seguinte planificación:
Xuño-Xullo: Fase 1 >> Activación do Plan e organización cooperativa
Xuño-Xullo-Agosto-Setembro: Fase 2 >> Análise e diagnóstico
Xullo-Agosto-Setembro-Outubro: Fase 3 >> Formulación da estratexia
Novembro-Decembro-Xaneiro: Fase 4 >> Validación, redacción final e presentación
A metodoloxía de participación e desenvolvemento do traballo, aborda a estructuración de distintas mesas de traballo nas que poderán participara os distintos membros do Comité: Dixitalización, Construción Industrializada, Construción Sostible, Competitividade, Persoas e Talento.
Dende o COETFG continuaremos traballando para que a madeira, os produtos derivados da mesma e a Enxeñaría Forestal teñan a consideración que se merecen no eido da construción, e en concreto na construción industrializada.
Finalizado o encontro, a Conselleira de Vivenda, Planificación e Infraestruturas, María Martínez Allegue, compartiu o peche da mesma con todas as persoas asistentes.
Nos vindeiros meses e en relación coa elaboración do "Plan Director da Industria da Construción" trasladaremos ao colectivo as consultas canalizadas ao Comité co fin de que podamos achegar a nosa visión e posibles necesidades.

